Excursión botánica á Ribeira do Pambre (28/8/2022)
Despois de prospectar un tramo da ribeira do Ulla o anterior fin de semana, o biólogo e consultor ambiental Xurxo Mouriño organiza para o domingo 28 de agosto, dentro do Proxecto Flora da Ulloa, unha excursión botánica ao río Pambre para coñecer un treito ao norte do camiño de Santiago, entre A Veiga e A Ponte Santar (Ambreixo, Meixide, Cuiña e Quindimil – Palas de Rei). No Pambre temos atopado unha flora máis rica e singular que no Ulla e aínda están sen explorar con ollos botánicos bastantes quilómetros de ribeira.