Excursión botánica á ribeira do Pambre (Maceda, Palas de Rei) 19 de febreiro de 2023
O biólogo e consultor mediombiental Xurxo Mouriño organiza para o domingo 19 de febreiro a segunda excursión do proxecto Flora Ulloa neste 2023, pola ribeira do Pambre, partindo río arriba desde Maceda.
Agardamos observar e rexistrar a rica flora forestal da cunca do Pambre, máis diversa que a da cunca do Ulla. As previsións son que se manterá para o domingo este fulgor primaveral que vivimos durante esta semana.
Máis información sobre o Proxecto Flora da Ulloa