Excursión botánica á ribeira do río Ferreira, 5 de marzo de 2023
O primeiro domingo de marzo terá lugar a terceira excursión botánica de 2023 do proxecto Flora de Ulloa, que coordina o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño, Despois de visitar treitos dos ríos Ulla e Pambre, a terceira excursión do ano seguirá por ribeiras, agora no río Ferreira, na vertente da Ulloa que cae cara ao río Miño. Aínda que a floración invernal vai a modo a causa destas quendas de fríos, esperamos observar unha variada mostra de flora forestal, narcisos e dente de can incluídos.