Excursión botánica á ribeira do Ulla (21/8/2022)
O domingo 21 de agosto de 2022 o biólogo e consultor ambiental Xurxo Mouriño, promotor e coordinador do proxecto Flora da Ulloa, organiza unha nova excursión por un tramo todavía inexplorado (con ollos botánicos) da ribeira do Ulla, entre o muíño do Coto e Montecelos (Bidouredo e Pedraza en Monterroso, e Vilapoupre e Dorra en Antas de Ulla). A flora acuática e de ribeira ten aínda nesa data especies en floración, que procuraranse a ambas marxes do río.