Excursión botánica á Ribeira do Ulla (Monterroso e Antas de Ulla) 5 de febreiro de 2023

    O domingo 5 de febreiro comezamos á tempada de excursións na procura da flora ulloá coa 1ª saída de 2023 do Proxecto Flora da Ulloa dirixido polo biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño.
   Como habitual, aínda é inverno xeadeiro mais puideron verse algunhas especies en flor que logo desaparecen, caso dos amarelles ou narcisos, con cinco especies silvestres diferentes na Ulloa.
    Da man de Xurxo percorremos un tramo do Ulla que aínda non andivéramos con ollos botánicos, no comezo da chaira monterrosina, por riba da Peneda (Fente e Frameán en Monterroso e Casa de Naia en Antas de Ulla).
 Floreceron os narcisos. Crónica da 1ª excursión botánica de 2023

Excursión Flora da Ulloa 1ª 2023, Ribeira do Ulla, Fente, 5-2-2023,

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn