Excursión botánica á Serra do Careón 18-4-2021
O biólogo Xurxo Mouriño retoma en abril a organización das excursións botánicas do proxecto Flora da Ulloa de 2021 cunha visita ao norte da serra do Careón (Merlán e Moredo, Palas de Rei), para revisar a flora rupícola dos penedos de Casa Camiño e máis a rica flora forestal dos bosques de Freixeiro e do Hospital. Porén, prospeccións particulares neste comezo do ano polas ribeiras do Ulla (febrero), do Pambre (marzo) e do Irixe (abril), teñen resultado moi interesantes, coa detección de especies descoñecidas até a data na Ulloa como a herba de ouro Ranunculus bupleuroides (endemismo galego-portugués catalogado Vulnerable en Galicia) ou a bistorta Polygonum bistorta, planta medicinal escasa no ámbito ibérico e moi rara en Galicia.
Nos meses seguintes, até o outono, continuarase, como en anos anteriores, cun ritmo de dúas excursións mensuais, mantendo a asistencia máxima de 6 persoas debido ás restricións condicionadas pola pandemia, á espera dunha normalización da situación.