Excursión botánica á Serra do Careón (Merlán, Palas de Rei) 7/8/2022
O domingo 7 de agosto ás 16,30 h Xurxo Mouriño, promotor e coordinador do proxecto Flora da Ulloa, organiza unha nova excursión botánica do IEU, nesta ocasión á Serra do Careón (Merlán, Palas de Rei), prospectando a extrema da Ulloa, lindeira con Toques e Friol, zonas de brañas e matogueira.