Excursión botánica á zona alta das Torrentes do Ulla (Sta Mariña, Pidre e Cabana) 27/8/2023
O domingo 27 de agosto, organizada por Xurxo Mouriño, biólogo e coordinador do proxecto Flora da Ulloa, terá lugar a excursión botánica pola zona alta das Torrentes do Ulla, descendendo pola beira sur (de Antas) e regresando pola beira norte (de Palas). Trátase dunha zona relativamente abrupta onde se refuxian bastantes especies de plantas pouco comúns no resto do territorio ulloán, como a vara de ouro que ilustra o cartaz e que florece nestas datas.