Excursión naturalista á lagoa de Quintas (27/3/2022)

      O domingo 27 de marzo, guiados por Cristina Varela e Xurxo Mouriño, voltaremos á lagoa de Quintas a recibir a primavera e gozar da fauna presente, nun momento onde se mesturan os últimos exemplares invernantes de certas especies de aves, con outras en paso migratorio (de Africa a centro-norte de Europa) e chegada de especies estivais (anduriñas, miñato negro…). Ademais, probablemente poidamos ver as primeiras roladas de pato lavanco; a da foto do cartel fora o 18 de marzo do ano pasado, aínda que este 2022 semella van máis atrasados.
 Excursión naturalista á lagoa de Quintas marzo 2022, Instituto de estudos ulloáns
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn