“Ás horas” exposición de fotografía de Alberto P. García no castelo de Pambre (26/9 ao 14/11/2020)

O sábado 26 de setembro de 2020 ás 12,30 h tivo lugar no castelo de Pambre a inauguración da exposición de fotografía de Alberto P. García “Ás horas”, comisariada por Braulio Vilariño e con deseños de Azucena Pérez Souto, que permanecerá instalada ata o 14 de novembro.

Alberto P. García tráenos a Pambre a súa visión particular e de coidada estética da natureza da Ulloa: paisaxes misteriosas, árbores centenarias, outeiros, fervenzas, fauna, flora… unha Ulloa diversa e colorida.

Interviñeron na inauguración en primeiro lugar Braulio Vilariño, a continuación Francisco Pardo, director do IEU, e Fernando García Penas, director do IES de Palas de Rei, e finalmente abriuse un coloquio no que os asistentes ao acto manifestaron as súas opinións.

Díptico en pdf

 

Inauguracion exposición Alberto P García, Instituto de Estudos UlloánsIntervención de Braulio Vilariño na inauguración

 

Inauguracion exposición Alberto P García, Instituto de Estudos Ulloáns castelo de PambreDe esquerda a dereita: Fernando García Penas, director do IES de Palas de Rei; o fotógrafo Pablo P García; Francisco Pardo, director do IEU; Braulio Vilariño, comisario da exposición, e Jesús Otero, vicedirector do IEU.

cartaz exposición As Horas, Alberto P García, Instituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn