“Chousas e Bosquexos” Exposición de José Manuel Méndez no castelo de Pambre (20 xullo ao 19 outubro 2019)
Do 20 de xullo a 18 de outubro de 2019 permanecerá aberta a exposición do pintor vasco de orixe ulloana José Manuel Méndez, organizada polo IEU e subvencionada por O Teu Xacobeo, na que se mostran acuarelas, acrílicos e óleos inspirados na natureza da comarca da Ulloa. Os dípticos e carteis foron deseñados por Azucena Souto (Deseño Gráfico Dú-as). Máis información.