Exposición de Peter Kramer no castelo de Pambre (24/2 ao 14/4/2024)
O sábado 24 de febreiro de 2024 foi inaugurada no castelo de Pambre a exposición de Peter Kramer Nós, comisariada polo deseñador e galerista coruñés Manolo Eirín e coordinada polo galerista do IEU Braulio Vilariño. O deseño e maquetación de dípticos e carteis son de Azucena Souto (Dú-as), e as fotografías de Peter Schneider.
Interviñeron no acto Alicia López, concelleira representante do Concello de Palas de Rei; o autor; os galeristas Manolo Eirín e Braulio Vilariño; e o director do IEU, Francisco Pardo.
Peter Kramer, pintor e escultor danés residente en Malpica, trouxo a Pambre obras de diferentes etapas creativas, en diferentes soportes, tanto de pintura como escultura. Nas súas últimas obras supedita o escultor o volume e a cor a unha textura cálida e próxima, bicromática, tramada con nós inspirados nas redeiras dos portos galegos, nós de liño e algodón que, a modo de imaxes pixeladas, achégannos ás nosas raíces culturais e á simplicidade expresiva da abstracción xurdida da inmensidade visual da Costa da Morte. O mar bravo de Malpica convertese da man de Peter Kramer en serenidade e reflexión.
Máis información
Descargar díptico en pdf
Video da exposición
Referencias, Galería Manolo Eirín