Inauguración da exposición de Xoán Guerreiro “A cuadratura do círculo” no Castelo de Pambre
O pintor Xoán Guerreiro trae as súas paisaxes urbanas á Sala de Exposicións do Castelo de Pambre (Palas de Rei , Comarca da Ulloa ).
A mostra, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns, leva por título “A cuadratura do círculo” e permanecerá aberta desde o 23 de xuño ao 19 de agosto de 2018.Máis información.
Na inauguración estiveron presentes Braulio Vilariño en representación do IEU, o propio autor e Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei.
O Hotel Balneario Oca Río Pambre, ofreceu aos asistentes un aperitivo ulloán.
Na mostra destaca “Os silencios da luz”, cadro de gran formato ( 200 x 200 cm.) que ocupa unha das paredes da sala.