Exposición de carteis de Azucena Souto no castelo de Pambre (16 maio – 27 xuño 2026)

O venres 15 de maio ás 17,00 h será inaugurada no castelo de Pambre a exposición de 20 carteis de Azucena P. Souto, comisariada por Braulio Vilariño.

Dotada dunha gran capacidade analítica e unha encomiable creatividade, a deseñadora gráfica Azucena Souto deseñou os carteis e material gráfico de gran parte das exposicións colectivas e individuais de artistas como Menchu Lamas, Antón Patiño, Correa Corredoira, Álvaro de la Vega, BelKis Oliveira, J M Méndez, Viki Rivadulla, Adolfina Mesa, Peter Kramer ou Anxo Cabada entre outros, que o Instituto de Estudos Ulloáns organizou nos últimos anos no castelo de Pambre.

É tamén autora do logo do Instituto de Estudos Ulloáns, que representa sintéticamente as raíces e o patrimonio cultural da Ulloa.

A exposición permanecerá aberta dende o 16 de maio ata o 27 de xuño de 2026.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn