Flora da Ulloa, excursión ao Monte de Basadre (17 maio 2026)
Despois de dous anos ben ocupados coa terrible ameaza de Altri, o IEU retomou, organizadas polo biólogo e ex`perto en medioambiente Xurxo Mouriño, as excursións botánicas do proxecto Flora da Ulloa, co fin de coñecer as plantas vasculares que viven na nosa comarca, os seus hábitats e, en xeral, as paisaxes e os valores ambientais da nosa contorna.
Nesta primavera prestouse especial atención ás zonas de serpentinas do occidente ulloán -que o proxecto Greenfiber de Altri destruiría ou alteraría en grande medida-, para coñecer ao vivo esas plantas únicas no mundo e das que seguramente escoitamos falar ou limos durante esta loita.
O domingo 17 de maio visitouse o monte de Basadre, asomándose ao sur da Finca de Quintas, onde se puido ver o final da floración dun dos endemismos exclusivos da zona: a herba de namorar de Merino, e valorar tamén in situ o terrible impacto que ocasionaría Altri ou calquera outro proxecto ou proceso que altere as condicións ambientais da zona.




