Flora da Ulloa. Excursión ao Rego de Santín
O sábado 17 de outubro terá lugar a 9ª excursión botánica do proxecto de Flora da Ulloa de 2026, organizada polo biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño
Explorarase un tramo aparentemente agreste do Rego de Santín, afluente do Ferreira, sector aínda sen visitas previas no marco deste proxecto. Descoñecemos a posible existencia de camiños nesa zona, polo que a visita ten un certo carácter de aventura.
(Adiántase a sábado a excursión debido ao inicio da tempada de caza menor o domingo 18).




