Flora da Ulloa. Excursión botánica ao monte de Irixe (Marzán, Monterroso) 12/7/2026
O domingo día 12 de xullo, organizada polo biólogo e consultor ambiental Xurxo Mouriño, terá lugar a 4ª excursión de 2026 do proxecto Flora da Ulloa. Camiñarase polo extremo oriental da Ulloa, xa na bacía hidrográfica do Miño, zona onde entran plantas de óptimo mediterráneo raras no resto da Ulloa, sobre substratos de lousa, tamén pouco comúns na nosa comarca.




