Flora da Ulloa. Excursión botánica á Serra do Careón (7/6/2026)

O domingo 7 de xuño o IEU volveu saír ao monte a ver plantas silvestres (2ª excurdión de 2026), guiado polo biólogo Xurxo Mouriño, continuando polos substratos serpentiníticos do Careón, nesta ocasión polos altos da serra non ameazados directamente por Altri, aínda que si por xeradores eólicos, plantacións de eucaliptos e abandono rural.

Pateáronse matogueiras e penedías na linde cos concellos de Melide e Toques, unha zona de alto interese botánico onde os excursionistas puideron ollar, entre outras, o lirio do Xurés, unha planta endémica dunhas poucas serras da metade sur de Galicia e do extremo norte de Portugal, catalogada en perigo de extinción.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn