Homenaxe a María Victoria Moreno no día das Letras Galegas
Letras Galegas 2018
“Eu son unha profesora de lingua e quero ser unha muller que respira na vida. Por iso penso que a situación do galego non se pode ver con indiferencia. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes de miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala ” (Entrevista a MVM, El Progreso, 15 de abril de 1974).
O 17 de maio, día das Letras Galegas, varios membros do Instituto de Estudos Ulloáns, homenaxearon a María Victoria Moreno ante a lápida do poeta Lorenzo Varela, na aldea de Fufín, Monterroso, coa lectura de textos da escritora.