II Asemblea Xeral Ordinaria

Foto de JM Paredes

Foto de JM Paredes

O pasado 18 de febreiro celebrouse no Centro Sociocultural de Monterroso a Asemblea Xeral Ordinaria do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU).

Ademáis da aprobación da acta da I Asamblea Xeral Ordinaria celebrada en xaneiro de 2016, do informe económico do exercicio e da memoria de actividades 2016, tamén se adoptaron os seguintes acordos por unanimidade:

1.- Modificar o capítulo V dos estatutos no que se regulan os distintos tipos de socios, quedando establecidas as seguintes categorias : socio numerario, socio honorario, socio institucional e o socio protector e modificar o capítulo II referente a Xunta de Goberno, reducindo os seus integrantes, co fin de axilizar a xestión da asociación, pasando de 16 a 7 membros.

2.- Como resultado da redución do número de membros e dado cese voluntario do vicedirector, a Xunta de Goberno do IEU queda composta, dende o 18 de febreiro de 2017, da seguinte maneira:

 Director X. Francisco Pardo Teijeiro  (Palas de Rei)
 Vicedirector Jesús Otero Calvo  (Monterroso)
 Secretario Xosé Miguel de Castro  (Palas de Rei)
 Administrador Xosé Luis Santiso  (Antas de Ulla)
 Vogal nº 1 Braulio Vilariño  (Palas de Rei)
Vogal nº 2 Marta Gontá Cordeiro (Antas de Ulla)
Vogal nº 3 María José Gómez Alvite (Monterroso

3.- Nomear socio honorario do IEU a D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, nomeamento que xa lle foi comunicado.
4.- Informouse das seguintes publicacións:
-Revista CAIRÓN, dirixida por Daniel Salgado, que se presentará na feira do libro de Monterroso do 18 de marzo.
-O libro do noso socio Xulio Pardo de Neira “Da fidalguía á república…” e que está proxectado presentar en Lugo o 17 de maio, día das Letras galegas, e en Antas de Ulla o fin de semana seguinte.
-O proxecto dun libro monográfico sobre a feira de Monterroso coordinado por María José Gómez Alvite.
-O proxecto dun libro de relatos curtos,“Relatos da Ulloa” ,que coordinará Xulio Pardo de Neyra.
-Gregorio Ferreiro informou sobre a próxima publicación das unidades didácticas premiadas no Certame Literario Lorenzo Varela, convocadas polo Concello de Monterroso en colaboración co IEU.
5.- Establecéronse e debatíronse os proxectos de actividades para o ano 2017

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn