Inauguración da exposición “Banda de música de Antas de Ulla: 125 anos resoando no corazón de Galicia” (Pambre, 30/4/2022)

O sábado 30 de abril de 2022 tivo lugar no patio de armas do Castelo de Pambre (Palas de Rei) o acto de inauguración da exposición Banda de música de Antas de Ulla: 125 anos resoando no corazón de Galicia, na que se recollen mediante paneis gráficos os principais acontecementos dos 125 anos de existencia da banda de música de Antas de Ulla.

Interviñeron na inauguración Pilar García Porto, deputada provincial e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; o concelleiro de Cultura en representación do alcalde de Palas de Rei; Javier González Borrajo, director da banda de Antas de Ulla; Xosé Luis Santiso, en representación do Instituto de Estudos Ulloáns; e Braulio Vilariño, coordinador da exposición.

Asistiron tamén á inauguración Jesús Otero, vicepresidente do IEU; Hilda García Cabanas, secretaria do IEU; Eduardo, o máis veterano músico da banda de Antas de Ulla, e José Manuel Salgado, coautor do libro Coa música a outra parte, 125 anos de banda de música de Antas de Ulla.

A exposición foi deseñada e financiada pola Área de Turismo da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns e o Concello de Palas de Rei para a súa instalación na sala de exposicións do Castelo de Pambre, onde permanecerá aberta ao público ata o 29 de maio.

Inauguración exposicion banda musica Antas de Ulla, Castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU
De esq. a der.: Xosé Luis Santiso, directivo do IEU; o concelleiro de cultura do Concello de Antas de Ulla; Pilar García Porto, deputada provincial e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; e Javier González, director da banda de música de Antas de Ulla.

Exposición banda musica Antas, castelo de Pambre

Hilda García Cabanas, directiva do IEU, con Eduardo Salgado, o máis veterano músico da banda de Antas de Ulla

IMG-20220430-WA0000

Cartel exposición banda Antas, Castelo de Pambre

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn