Inauguración da exposición de Adolfina Mesa “Penélopes” no castelo de Pambre
O sábado 3 de agosto de 2019 tivo lugar, na sala 2 do castelo de Pambre, a inauguración da exposición da pintora e poeta Adolfina Mesa “Penélopes”, de estilo expresionista e temática feminista, que permanecerá aberta ata o 27 de setembro.Os carteis e o díptico están deseñados por Azucena Souto.
No acto, ao que asistiu público de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, interviñeron Braulio Vilariño, comisario da exposición; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e a pintora, Adolfina Mesa.