Inauguración da exposición de Anxo Cabada no castelo de Pambre
O sábado 23 de marzo de 2019, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e subvencionada por O Teu Xacobeo, inaugurouse na sala do castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición de fotografía de Anxo Cabada Luz de Verso. Retratos das terras de Lugo, que reúne obras de diferentes épocas do autor, dende retratos a paisaxes. A exposición poderá ser visitada do 23 de marzo ao 16 de maio de 2019.
Interviñeron na inauguración o comisario da exposición, Braulio Vilariño; o fotógrafo Anxo Cabada, que fixo un percorrido pola exposición describindo cada etapa da súa obra; o director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo; e o alcalde de palas de Rei, Pablo Taboada.
Ao finalizar a presentación, o Hotel Balneario Oca Río Pambre ofreceu aos asistentes á exposición, entre eles o presidente do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), un saboroso aperitivo ulloán na terraza do centro de interpretación do castelo.
(De dereita a esquerda: o fotógrafo Anxo Cabada; o comisario da exposición, Braulio Vilariño; dous visitantes á exposición; o director do IEU, Francisco Pardo; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; o presidente do IEM, Xulián Maure)