Exposición de Correa Corredoira “Pintor no Taller” no castelo de Pambre (8 feb ao 3 abril 2020)

O sábado 8 de febreiro de 2020 foi inaugurada na sala 1 do castelo de Pambre a exposición de Correa Corredoira “Pintor no Taller” organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e comisariada por Braulio Vilariño, que contou coa colaboración de Azucena Souto no deseño de carteis e dípticos.

Interviñeron no acto Braulio Vilariño, que fixo unha descrición da obra do pintor en cada unha das súas etapas; Correa Corredoira, que disertou, nunha lección maxistral, sobre a creación artística e do papel que terá a arte no desenvolvemento social e económico do século XXI; Francisco Pardo, director do IEU, que destacou o acerto de ter elixido o tema do taller do pintor para esta exposición, na mesma liña iniciada polo IEU anteriormente; e finalmente, Rodrigo González, concelleiro do Concello de Palas de Rei, que pechou o acto.

A exposición permanecerá instalada na sala de exposicións do castelo de Pambre ata o 3 de abril.

Máis información
Díptico en pdf
Obras
Correa Corredoira, Pintor no Taller, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU, castelo de PambreXabier Correa Corredoira ante a súa obra Pintor no taller

Correa Corredoira na exposición Pintor no Taller, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Correa Corredoira, Pintor no Taller, Instituto de Estudos Ulloáns,castelo de Pambre
O pintor Correa Corredoira e o fotógrafo Peter Scheneider

Exposición Correa Corredoira, Pintor no Taller, Instituto de Estudos Ulloáns,castelo de Pambre

Exposición Correa Corredoira, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, Xacobeo 2021

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn