Inauguración da exposición de fotografía de Xosé Manuel Paredes “Camiños de natureza, cultura e peregrinaxe”

expsición Camino Inka, IEU, Xosé Manuel Pérez Paredes, Instituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre, Palas de Rei

O sábado 19 de outubro (19/10/2019) foi inaugurada na sala B do castelo de Pambre a exposición de fotografías de Xosé Manuel Pérez Paredes ” Camiños de natureza, cultura e peregrinaxe: O camiño INKA”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e que permanecerá instalada ata o mes de decembro.

O fotógrafo e dinamizador cultural palense Xosé Manuel Pérez Paredes realizou as fotografías desta exposición no percorrido que os seis integrantes da asociación Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas “Os Lobos”: Zeltia Laya Sanchez, Ana Isabel Ramos Lavandeira, Afonso GarcíaPenas, Xesus Vila Nuñez, Óscar Varela Casal e o autor, fixeron do 1 ao 4 de abril de 2012  polo “Val Sagrado dos Incas”, desde o km 82 (Piscakucho) ata o cañón do río Urubamba, no Machu Picchu e Wayna Picchu.

Na inauguración interviron o comisario da exposición, Braulio Vilarino; o autor das fotografías, Xosé Manuel Pérez Paredes, e o director do IEU, Francisco Pardo Teijeiro.

expsición Camino Inka, Xosé Manuel Pérez Paredes, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU, castelo de Pambre, Palas de Rei

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn