Inauguración da exposición de J M Méndez “Chousas e bosquexos” no castelo de Pambre
O sábado 20 de xullo de 2019 foi inaugurada na sala do castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición “Chousas e bosquexos” do pintor vasco de orixe galega José Manuel Méndez, con acuarelas, acrílicos e óleos inspirados na natureza da comarca da Ulloa.
Coa asistencia de numeroso público, especialmente de Palas de Rei, interveu na inauguración en primeiro lugar o comisario da exposición Braulio Vilariño, que cedeu a palabra a J.M. Méndez e posteriormente a Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns.
Ao rematar as intervencións o Balneario Oca Río Pambre ofreceu un aperitivo na terraza da cafetería do castelo aos asistentes ao acto. Esta exposición está financiada por O Teu Xacobeo.