Inauguración da exposición de J.M. Méndez “O Gabinete de Belvís”, castelo de Pambre 28/1/2023
De esq a der.: Francisco Pardo, José Manuel Méndez, Pablo Taboada e Braulio Vilariño (Fot. de Peter Schneider)
o sábado 28 de xaneiro ás 12,00 h foi inaugurada na sala 1 do castelo de Pambre a exposición O Gabinete de Belvís, con obras de pintura, escultura e escenografía do polifacético artista compostelán José Manuel Méndez.
Interviñeron na inauguración o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; o coordinador de exposicións do IEU, Braulio Vilariño; o pintor, escultor e deseñador, José Manuel Méndez, e o director do IEU, Francisco Pardo.
A exposición, comisariada polo galerista Braulio Vilariño e con carteis e dípticos de Azucena Souto (DuAs), permanecerá instalada ata o 17 de marzo.
José Manuel Méndez Pitelos (Fot. de Peter Schneider)
Cloe, a nova deseñadora, agasalla a José Manuel Méndez cun pequeno ovo decorado para a súa ovoteca.
Grupo de amig@s de José Manuel Méndez, artistas e soci@s do Instituto de Estudos Ulloáns asistentes á inauguración (Fotografías de Peter Schneider)
Aperitivo ulloán servido polo Hotel Balneario Río Pambre no castelo de Pambre
Xantar de artistas no Hotel Balneario Río Pambre