Inauguración da exposición de Kukas “Só paisaxes, sós” no castelo de Pambre
De esq. a der.: Francisco Pardo, Kukas e Braulio Vilariño (Fotografía de Antón Nodar)
O sábado 2 de novembro de 2019 foi inaugurada na sala do castelo de Pambre a exposición de pintura de Marcelino de Santiago (Kukas) “Só paisaxes, sós”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e subvencionada por O Teu Xacobeo, que permanecerá aberta ata o 17 de xaneiro de 2020.
Con esta exposición do polifacético artista compostelano Marcelino de Santiago, coñecido como Kukas, iníciase o ciclo de exposicións “Arte no Camiño 2020” organizado polo IEU dentro das actividades de O Teu Xacobeo. Trae Kukas ao castelo de Pambre unha serie de óleos de paisaxes e outra de mariñas de estilo expresionista de cores intensas e mesmo irreais que nos trasladan ao realismo máxico.
Interviñeron na inauguración da exposición o artista; o comisario da exposición, Braulio Vilariño, e o director do IEU, Francisco Pardo. O aperitivo foi servido polo Hotel Balneario OCA Río Pambre.
Máis información
Díptico en pdf
Obras e currículum
Fotografía de Antón Nodar
Fotografía de Antón Nodar
1 Comentario Responde
[…] Inauguración da exposición de Kukas “Só paisaxes, sós” no castelo de Pambre Exposicións […]