Inauguración da exposición de Lomarti “Alteración” no castelo de Pambre

1

O domingo 15 de outubro inaugurouse na sala de exposicións do castelo de Pambre, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns, a exposición “Alteracion. Esculturas e pinturas de Lomarti”. Á inauguración da exposición asistiu Pilar García Porto, Delegada de Cultura da Deputación de Lugo, así como José Ramón García, concelleiro do Concello de Palas de Rei en representación do seu alcalde, e Miguel Rico, alcalde de Monterroso. Ao finalizar o acto, a granxa ecolóxica Arqueixal ofreceu aos asistentes un “aperitivo ulloán”. A exposición consta de quince obras, tres pinturas e doce esculturas, de Lomarti, multidisciplinar artista lucense (pintor, escultor, poeta, performer…) autor dunha obra con fondas raíces agrarias e inspirada no medio natural. Nesta mostra as vivas cores dos lenzos con motivos vexetais vense equilibradas harmonicamente coas pezas escultóricas, en pedra, madeira e ferro, nas que se ofrece un percorrido a traveso do tempo creativo do autor. O galerista Braulio Vilariño, coordinador da correspondente Sección do IEU, é o comisario da exposición e responsable, xunto con X. Francisco Pardo, do seu deseño e montaxe. A exposición permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2018.  Máis información.

2 3

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn