Inauguración da exposición de Peter Schneider “En silencio-viaxando” no castelo de Pambre
Na sala de exposicións do castelo de Pambre foi inaugurada, o sábado 14 de abril, a exposición de fotografía de Peter Schneider “En silencio – viaxando”, composta por varias series temáticas deste fotógrafo alemán aveciñado en Lugo.
Interveu en primeiro lugar Braulio Vilariño, comisario da exposición, que falou da traxectoria vital do autor. A continuación, Francisco Pardo, director do IEU, comparou ao fotógrafo con Ruth Matilda Anderson, en canto á súa inmersión na cultura galega, e o autor, Peter Schneider, guiou ao público nun percorrido por toda a súa obra. Finalizou o acto coa intervención de Paloma Vázquez Fernández, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo. Máis información.
No evento, o Hotel Balneario Oca Río Pambre, exemplo de integración na comunidade e de apoio á cultura, ofreceu aos asistentes un exquisito aperitivo ulloán.