Inauguración da exposición de Vázquez Cereijo no castelo de Pambre

O sábado 2 de outubro foi inaugurada no castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición de José Vázquez Cereijo “Tengo un ariete para mis sueños”, que permanecerá instalada ata o 30 de novembro.

Na inauguración interviñeron o galerista Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns; María Astorgano, comisaria da exposición; Anne Nikitik, viúva de Vázquez Cereijo; Francisco Pardo Teijeiro, director do Instituto de Estudos Ulloáns, e o escultor Paco Pestana.

Ao rematar as intervencións o Hotel Balneario Oca Río Pambre ofreceu un aperitivo aos asistentes ao acto.

 

Exposición de Vazquez Cereijo no castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Intervención de María Astorgano na inauguración da exposición (Fotografía José Manuel Pérez Paredes)

Inauguración exposición de Vazquez Cereijo, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Intervención de Francisco Pardo. De esquerda a dereita: Paco Pestana, Francisco Pardo, Anne Nikitik, María Astorgano e Braulio Vilariño (Fotografía de José Manuel Pérez Paredes)

Exposición Vazquez Cereijo, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn