Inauguración da exposición de Vicente Prego “Exteriores” no castelo de Pambre

Exposición Vicente Prego, Instituto de Estudos Ulloáns 2O sábado 26 de xaneiro tivo lugar na sala de exposicións do castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo) a inauguración da exposición de Vicente Prego “Exteriores”, organizada polo IEU e subvencionada por O Teu Xacobeo, na que o pintor compostelán expuxo cinco obras de técnica mixta e gran formato con referencias a culturas clásicas e orientais.

Interviñeron no acto o comisario da exposición, Braulio Vilariño; o pintor Vicente Prego; o director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo; e a concelleira  Aurora Vila, en representación do Concello de Palas de Rei.

Máis información

logo Xunta Galicia    Imprimir

Exposición Vicente Prego, Instituto de Estudos Ulloáns 3

Exposición Vicente Prego, castelo de Pambre, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns, Xacobeo 2021, o teu xacobeo

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn