Inauguración da exposición e Elsa Martínez “Miradas. Mulleres na Arte”, castelo de Pambre 29/4/2023

O sábado 19 de abril foi inaugurada no castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición da pintora palense Elsa Martínez Miradas. Mulleres na Arte, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e comisariada por Braulio Vilariño, que permanecerá instalada ata o 31 de maio.

Interviñeron no acto Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; a pintora Elsa Martínez; Braulio Vilariño, comisario da exposición e coordinador de exposicións do IEU, e Francisco Pardo, director do IEU.

Con esta exposición, Elsa Martínez, licenciada en Belas Artes e profesora no IES de Lalín, trae a Pambre unha mostra de 23 retratos, en diferentes formatos e técnicas, de mulleres que destacaron na arte ao longo da historia pero que foron silenciadas ou esquecidas.

Máis información

Inauguración exposición Muleres na Arte, castelo de Pambre, Concello de Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns
De esq. a der.: Francisco Pardo, director do IEU; Pablo Taboada, acalde de Palas de Rei; Elsa Martínez, pintora; Braulio Vilariño, comisario da exposición.

inauguración exposición Mulleres na arte, castelo de Pambre, Instituto e Estudos Ulloáns
Público asistente á inauguración de Miradas.Mulleres na arte

IMG-20230429-WA0001

Exposición Miradas Mulleres na arte, castelo de Pambre, Instituto e Estudos Ulloans

 

Díptico exposición Miradas Mulleres na Arte, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn