Inauguración da exposición Fotografías centrípetas no castelo de Pambre e presentación do primeiro volume da colección Ulloa Audiovisual (5/3/2022)

O sábado 5 de marzo de 2022 tivo lugar a inauguración da exposición Fotografías centrípetas.

Coordinada por Patricia Coucheiro e Susana Varela, esta exposición colectiva de dezaoito fotógrafas ulloás pon en diálogo diferentes olladas de mulleres sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa

Interviñeron na inauguración a vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura, Tareixa Ferreiro; o director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo Teijeiro;  as coordinadoras da Sección de Audiovisuais do IEU e comisarias da exposición, Patricia Coucheiro e Susana Varela; e o coordinador de exposicións do IEU, Braulio Vilariño.

No mesmo acto foi presentado o libro Fotografías centrípetas.Propostas pedagóxicas, coordinado, deseñado e maquetado por Patricia Coucheiro González e Susana Varela Negro, coordinadoras da sección de Fotografía, Audiovisuais, Arquivo fotográfico e fonográfico do Instituto de Estudos Ulloáns.

Fotografías centrípetas.Propostas pedagóxicas  é o primeiro volume da Colección Ulloa Audiovisual. Foi editado pola Rede museística provincial, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Instituto de Estudos Ulloáns. (Ver publicacións IEU)

 

Inauguración Fotografias Centrípetas, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, Palas de ReiIntervencións na inauguración da exposición Fotografías centrípetas. De esq. a der., Francisco Pardo, Tareixa Ferreiro, Susana Varela, Patricia Coucheiro e Braulio Vilariño

Inauguracion exposición Fotografías centrípetas, castelo de Pambre, Instituto de Estudos UlloánsPúblico asistente á inauguración de Fotografías centrípetas na sala de exposicións do castelo de Pambre

Inauguración Fotografias Centripetas, castelo de Pambre, Instituto de Estudos UlloánsAperitivo ofrecido polo Hotel Balneario Río Pambre na terraza do castelo de pambre

Inauguración exposición Fotografías centrípetas, Instituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre, Palas de ReiFrancisco Pardo Teijeiro, director do Insituto de Estudos Ulloáns e Tareixa Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputacion de Lugo

Propostas pedagoxicas, Fotografias centripetas, A Ulloa Audiovisual, Instituto de Estudos Ulloáns

Fotografías centrípetas. Propostas pedagóxicas, primeiro volume da colección Ulloa Audiovisual

Invitacion exposición Fotografias centrípetas, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn