Inauguración da exposición do grupo Bacabú no castelo de Pambre

1

O sábado 3 de febreiro, na sala de exposicións do castelo de Pambre, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), tivo lugar a inauguración da exposición do grupo lucense Bacabú, á que asistiron Pilar García Porto, Delegada de Cultura da Deputación de Lugo, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada. O Hotel Balneario de Pambre, da cadea Oca Hoteles, colaborador do IEU nestes eventos, non puido organizar o ágape habitual por encontrarse en obras.

Iniciaron as intervencións Braulio Vilariño, comisario da exposición, e o pintor Xermán Refojo, que falaron dos compoñentes e da traxectoria do grupo Bacabú. Interveu a continuación Francisco Pardo, director do IEU, que relacionou a dinámica de Bacabú cos Cabinets de Curiosités do século XVII, seguido da Delegada de Cultura e do alcalde de Palas de Rei.

A exposición consta de 11 obras dos artistas integrantes do grupo Bacabú: 2 do pintor Quique Bordell, 2 do pintor Santiago Catalán, 3 do pintor J. Espiral, 2 do escultor Honorio e 2 do pintor Xermán Refojo. Braulio Vilariño, coordinador da Sección de exposicións do IEU, é o comisario da exposición e responsable, xunto con Francisco Pardo e Xosé de Castro, do seu deseño e montaxe, mentres que os dípticos e carteis correspondentes foron deseño do escultor Honorio.

A exposición permanecerá aberta do 3 de febreiro ao 8 de abril de 2018.Máis información.

2

 

3Bacabu

 

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn