Inauguración da exposición “Por Feiras e Mercados” na sala do IEU

 

Exposición Por Feiras e Mercados. Sala do Instituto de Estudos Ulloáns 2

O sábado 27 de xullo tivo lugar en Monterroso, na sala “Yebra de Ares” da sede do Instituto de Estudos Ulloáns, a inauguración da exposición “Por Feiras e mercados. Ver, mercar, vender…” cedida ao IEU pola Xefatura de Cultura de Lugo da Xunta Galicia.

Consta esta exposición, deseñada polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo cos seus propios fondos, de 60 fotografías de escenas e protagonistas das feiras da provincia de Lugo, moitas delas da feira de Monterroso, realizadas nos anos 50 e 60 polo prezado fotógrafo e reporteiro gráfico José Luis Vega, fotógrafo do xornal El Progreso de 1940 a 1978.

A exposición, que foi inaugurada polo director do IEU e polo alcalde de Monterroso, Miguel Rico, serviu tamén como presentación dos actos da Feira dos Bicos organizada pola asociación 25 Xastres. Permanecerá aberta do 27 de xullo ao 2 de setembro de 2018, os sábados de 19 a 21 h. e os domingos de 12 a 14 h.Máis información.

Exposición Por Feiras e Mercados. Sala do Instituto de Estudos Ulloáns 3

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn