Inauguración da exposición “Semblanza” no castelo de Pambre
O sábado 1 de febreiro de 2020 foi inaugurada na Sala 2 do castelo de Pambre a exposición de pintura de Beatriz Bascoy “Semblanza”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e o Concello de Palas de Rei. No acto interviñeron a artista, o comisario da exposición, Braulio Vilariño, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada.
A pintora Beatriz Bascoy Cao, coñecida como “A neta do Camilo”, expón no castelo de Pambre, da man do Instituto de Estudos Ulloáns, unha obra de gran riqueza cromática, na que amosa o seu compromiso social, inspirado no feminismo, na desigualdade e na inxustiza social.
A deseñadora gráfica Azucena Souto é a autora dos carteis e dípticos da exposición.