Inauguración da exposición de Antón Patiño “Cartografía simbólica”(castelo de Pambre 8 maio ao 30 xuño 2021)

O sábado 8 de maio de 2021 ás 17 h. tivo lugar, no castelo de Pambre (Palas de Rei), a inauguración da exposición de Antón Patiño Cartografía simbólica.

No acto de inauguración interviñeron Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU; o pintor Antón Patiño; Francisco Pardo, director do IEU;  a Comisaria de Xacobeo, Cecilia Pereira, especialista en arte medieval e experta en xestión cultural; e o concelleiro Amando Sande en representación do alcalde de Palas de Rei.

“Organizada polo Instituto de Estudo Ulloáns, esta mostra recolle obras das diferentes etapas artísticas do pintor, así como libros e catálogos doutras exposicións cos que se pretende achegar ao público á personalidade e creatividade dun dos pintores con maior proxección internacional na arte galega contemporánea.

Cartografía simbólica está comisariada por Antón Patiño e por Braulio Vilariño, que contou coa axuda da historiadora da arte Susana Varela Negro. Os carteis e material divulgativo foron realizados pola deseñadora ulloana Azucena Souto (Du-As Deseño).

A exposición, subvencionada por O teu Xacobeo permanecerá instalada nas dúas salas do castelo de Pambre do 8 de maio ao 30 de xuño de 2021.

Máis información
Díptico en pdf
Obras
Instalación
Cartografía simbólica, exposición de Antón Patiño, Castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Acto de inauguración da exposición de Antón Patiño Cartografía simbólica. De esquerda á dereita: Amando Sande, en representación do alcalde de Palas de Rei; Cecilia Pereira, comisaria de Xacobeo; Francisco Pardo Teijeiro, director do IEU; o pintor Antón Patiño; e Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns.

IMG-20210509-WA0003

Antón Patiño e Braulio Vilariño instalando a exposición Cartografía simbólica, Castelo de Pambre, IEU
Antón Patiño e Braulio Vilariño instalando a exposición Cartografia simbólica nas salas do castelo de Pambre

Cartografía simbólica, Antón Patiño, castelo de pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Cartografía simbólica, exposición de Antón Patiño no castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

 

 

 

xacobeo21-22-color

 

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn