Inauguración na sede do IEU da exposición “Yebra de Ares pintor, escritor e historiador”
O venres 15 de marzo tivo lugar na sala de exposicións da sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso a inauguración da exposición “Yebra de Ares pintor, escritor e historiador”, na que se mostran óleos das diferentes etapas da obra do pintor monterrosino Antonio Benito Yebra de Ares, así como os carteis mais representativos da súa extensa produción e un ha selección dos seus libros e investigacións históricas.
Na inauguración, á que asistiron os fillos do pintor (Miguel e Malena) e a viúda (Tucha Calvo), interviñeron a comisaria da exposición, María José G. Alvite, o director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, a Xefa Territorial de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez, e o alcalde de Monterroso, Miguel Rico.
Unha vez rematada a presentación, interviñeron varios dos asistentes iniciando un ameno intercambio de informacións e anécdotas sobre o pintor e escritor Antonio Benito Yebra de Ares, ao que o Instituto de Estudos Ulloáns lle dedicou a súa sala de exposicións, que no sucesivo levará o seu nome.
A exposición permanecerá aberta do 16 de marzo ao 16 de abril de 2019.Máis información.