Inauguración no castelo de Pambre da exposición de Alicia Aradilla “O Camiño Ilustrado”

O 7 de setembro foi inaugurada, na sala de exposicións do castelo de Pambre, a exposición de Alicia Aradilla, O Camiño ilustrado, organizada por Afundación, Abanca e o Concello de Palas de Rei, dentro do programa Xacobeo 21-22, e coa colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns.

Inerviñeron no acto de inauguración o teniente de alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado Barbeira;  o coordinador institucional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez; a coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano; a directora da oficina de Abanca en Palas de Rei, Carmen Flores, e o coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns, Braulio Vilariño.

A exposición permanecerá instalada na sala de exposicións do Castelo de pambre (Palas de Rei) do 7 de setembro ao 9 de outubro. Está formada por  60 acuarelas de Alicia Aradilla sobre o Camiño de Santiago, a modo de cuaderno de viaxe, temática sobre a que a autora é un referente a nivel internacional (https://aradilla.wixsite.com/alicia), e organizada en tres apartados: O Camiño, Os camiñantes e Compostela, con textos explicativos do historiador medievalista Feliciano Novoa.

Exposición

Inauguración exposicion Alicia Aradilla, castelo de Pambre

De esq. a der.: Fernando Pensado, teniente de alcalde de Palas de Rei; Óscar Rodríguez, coordinador institucional de Abanca en Lugo; Carmen Flores, directora da oficina de Abanca en Palas de Rei; Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns, e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.

Exposición Alicia Aradilla, Castelo de Pambre

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn