Inauguración no castelo de Pambre da exposición de Viki Rivadulla “A sala do Perello” (8/7/2023)
O sábado 8 de xullo de 2023 foi inaugurada, na sala de exposicións do castelo de Pambre (Palas de Rei), a exposición de pintura e escultura da artista muxiá Viki Rivadulla A sala do Perello, comisariada por Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns.
Os carteis e dipticos da exposición deseñounos Azucena Souto, e os textos son de Miguel Mato Fondo e Teresa Ramiro.
Interviñeron no acto Braulio Vilariño, comisario da exposición; a pintora e escultora Viki Rivadulla; Francisco Pardo, director do IEU, e o concelleiro Rodrigo González en representación do Concello de Palas de Rei. Finalizou o acto cun recital da poeta coruñesa Teresa Ramiro e do poeta melidense Antom Laia.
Ao finalizar o acto os asistentes desfrutaron dun gustoso e conseguido aperitivo ulloán elaborado polas irmás palenses Marifé, Carmen e Aurora Mourenza.
A exposición permanecerá instalada ata o 2 de setembro.
Obras
Díptico
Intervención de Viki Rivadulla. De esq. a der.: Antom Laia, Teresa Ramiro, Francisco Pardo, Rodrigo González, Viki Rivadulla e Braulio Vilariño
Intervención de Braulio Vilariño, comisario da exposición
Intervención de Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns
Antom Laia recitando os seus poemas
