Inauguración no Pazo de San Marcos da exposición “A Ulloa. Fotografías centrípetas”
O venres 15 de outubro de 2021 foi inaugurada, na sala de exposicións do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, a exposición colectiva “A Ulloa. Fotografías centrípetas”, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns en colaboración coa Rede Museística Provincial e comisariada polas socias do IEU Patricia Coucheiro e Susana Varela.
Trátase dunha exposición colectiva de dezaoito fotógrafas ulloás que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa
Interviñeron na inauguración a vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura, Tareixa Ferreiro; o director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo Teijeiro; a xestora da Rede de Museos Provinciais da Deputación de Lugo, Encarna Lago; a coordinadora da Sección de Audiovisuais do Instituto de Estudos Ulloáns e comisaria da exposición, Patricia Coucheiro; e a comisaria da exposición, Susana Varela.
A inauguración de “A Ulloa. Fotografías centrípetas” tivo una ampla repercusión nos medios de comunicación. Pódese acceder a algunas das novas nos seguintes enlaces:
La Voz de Galicia 16/10/2021
El Progreso 16/10/2021
TVG Zigzag Diario 15/10/2021 min.12,45
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-5365907?t=766
Diario de Lemos 15/10/2021
LUGOXA 16/10/2021
https://galiciaxa.com/2021/10/lxa/zonas-lxa/lugo-lxa/120752/
Rede Museística de Lugo
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=28
YOUTUBE. Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo
https://www.youtube.com/watch?v=neMlGsujwBU
La Voz de Galicia, 23/10/2021
Unha reflexión sobre A Ulloa, desde a mirada das mulleres (lavozdegalicia.es)
Mundiario 10/10/2021