“A Noite das Donas”, espectáculo audiovisual na igrexa románica de Vilar de Donas (15 xullo 2023)

O sábado 15 de xullo de 2023 tivo lugar na Ulloa un dos eventos destacados do verán, trátase de  A NOITE DAS DONAS 2023, espectáculo audiovisual organizado por Xosé Manuel  Pérez Paredes , presidente da asociación “Os Lobos” (Orde dos Cabaleiros e Donas do Priorato de Vilas das Donas), na fermosa igrexa románica de San Salvador de Vilar das Donas (Palas de Rei). Contou colaboración do IEU, os grupos de teatro Alentía e Metástase, o Concello de Palas de Rei e o Centro de documentación da Ulloa.

Consistiu nun espectáculo de relatorios, música e proxeccións dende as 20,30 h. Dos relatorios encargouse Fernando García Penas, escritor e coordinador da sección de filoloxía e literatura do IEU, e da actuación musical o grupo Sonâmbulum, con Manuel Escariz na guitarra, Lúa Aguete na percusión e a voz de María Prado. Rematou o acto ás 23,30 h cunha proxección no adro románico.

 

IMG-20230716-WA0007

IMG-20230716-WA0002

IMG-20230716-WA0018

IMG-20230716-WA0014

 

Noite das Donas 2023, Vilar de Donas, Palas de Rei

 

Noite das Donas 2023, Vilar de Donas

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn