“O Camiño Ilustrado” Exposición de Alicia Aradilla no castelo de Pambre (7 set a 9 out 2022)

Exposición Alicia Aradilla, Castelo de Pambre

 

A exposición de Alicia Aradilla, O Camiño ilustrado, organizada por Afundación, Abanca e o Concello de Palas de Rei, dentro do programa Xacobeo 21-22, e coa colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns, permanecerá instalada na sala de exposicións do Castelo de pambre (Palas de Rei) do 7 de setembro ao 9 de outubro.

Forman a exposición  60 acuarelas de Alicia Aradilla sobre o Camiño de Santiago, a modo de cuaderno de viaxe, temática sobre a que a autora é un referente a nivel internacional (https://aradilla.wixsite.com/alicia). Está organizada en tres apartados: O Camiño, Os camiñantes e Compostela, con textos explicativos do historiador medievalista Feliciano Novoa.

Exposición

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn