O Castelo de Pambre expón pinturas e esculturas de Lomarti

O Castelo de Pambre expón pinturas e esculturas de Lomarti

E inauguración da mostra terá lugar o domingo 15

.

ALBERTO LÓPEZ
LAURA LÓPEZ 

Inauguración domingo 15 • 13.00 horas • Sala de exposicións do Castelo de Pambre (Palas de Rei) • Aberta ata o 15 de xaneiro. Horario: ata o día 31, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00; e ata o 31 de marzo, de 12.00 a 17.30 horas • Información: 628 262 251 •

O Castelo de Pambre inaugura mañá a exposición Alteración. Esculturas e pinturas de Lomarti, que organiza o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). A mostra contará con quince obras do artista Lomarti (Lugo, 1957): tres pinturas e doce esculturas. No acto de inauguración, a granxa ecolóxica Arqueixal agasallará aos presentes cun «aperitivo ulloán».

Relación coa natureza

As pezas escollidas para a exposición tentan representar a relación das creacións do artista co medio natural: «O artista multidisciplinar Lomarti (pintor, escultor, poeta, performer…) ten unas fondas raíces agrarias; polo que en toda a súa obra hai un continuo diálogo coa terra e coa natureza», explica Braulio Vilariño, comisario da mostra e un dos responsables da montaxe da mesma, xunto a Francisco Pardo.

Pola súa banda, Lomarti relata que lle gusta presentar as exposicións «con elementos e materias moi dispares, pero interrelacionados, coma se dunha narración, idea ou concepto se tratara».

Desde o IEU explican que con esta mostra inician unha nova etapa, «na que pasamos da arte románica que levamos expoñendo no Castelo de Pambre dende hai un ano, á arte contemporánea». Esta será a primeira das actividades do programa de exposicións de artistas galegos contemporáneos que proxectan desde o IEU para o ano 2018.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/palas-de-rei/2017/10/14/span-langgl-castelo-pambre-expon-pinturas-esculturas-lomartispan/0003_201710L14C11994.htm#

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn