O IEU adhírese á defensa das titulacións do campus de Lugo

O IEU apoiou o manifesto de demanda da continuidade dos grados de Agrícolas, Forestais, Paisaxe, Enxeñeiría Civil e procesos Químicos impartidos no Campus de Lugo da Universidade de Santiago, promovido pola Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo.

Apoiaron o manifesto, ademais das asociacións de veciños, os colexios profesionais, concellos, empresas lucenses, organizacións sectoriais, sindicatos, organizacións agrarias, asociacións culturais, asociacións con fins sociais, etc. chegando a superar os 100 colectivos da provincia de Lugo.

A Deputación de Lugo uniuse tamén á demanda e o día 16 de xaneiro convocou a todos os colectivos adheridos para a firma dunha declaración conxunta. O Instituto de Estudos Ulloáns estivo representado pola directiva Hilda García Cabanas.

 

Apoio Campus Lugo, Deputación Lugo

 

IMG-20240116-WA0001

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn