O IEU na 4ª andaina “Descubrindo a Comarca de Lugo e Terras da Ulloa” (14/10/2023)

O 14 de outubro de 2023 membros do Instituto de Estudos Ulloáns participaron na cuarta xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e Terras da Ulloa” correspondente ao programa Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa  de promoción turística das comarcas de Lugo e da Ulloa, que xestiona o GDR 4 Comarca de Lugo en convenio coa Axencia de Turismo de Galicia e a colaboración dos concellos que conforman este amplo territorio, nesta ocasión co Concello de Antas de Ulla, rexido por Pilar García Porto.

Iniciouse o percorrido na Praza do Concello de Antas de Ulla, cunhas palabras dos representantes do Concello de Antas de Ulla, do GDR 4 comarca de Lugo e de Guido Guía. Continuou polas fermosas praderías e carballeiras centenarias de Vilasión e, a través de recónditos e avesedos “camiños de auga”, os 72 participantes chegaron á aldea de Castro de Amarante, antigo centro administrativo do condado de Amarante. De alí, por corredoiras cubertas de musgos e fentos (chovera a cántaros o día anterior), dirixíronse cara As Canteiras, pasando a carón do pazo de Vilane e da empresa avícola vinculada, paradigma de desenvolvemento económico sostible e de conservación do patrimonio natural e cultural.

En As Canteiras, complexo gastronómico de merecida sona, o Concello de Antas de Ulla e as entidades xestoras ofreceron aos camiñantes un saboroso  aperitivo ulloán, moi abondoso, como é  habitual na Ulloa. A agrupación folclórica Falcatrueiros foi a encargada de acompañar aos comensais con música tradicional galega, rematando a súa actuación coa vibrante Muiñeira de Chantada. A ocasión merecía esta enxebre despedida.

 

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, concello de Antas de UllaRepresentantes do Concello de Antas de Ulla, do GDR 4 e de Guido Guia, dirixíndose aos participantes na andaina diante da Casa do Concello de Antas de Ulla

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, Antas de Ulla, Guido GuíaExplicacións do guía turístico Guido Álvarez Parga na primeira parada da andaina diante do pazo de Vilasión

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, Instituto de Estudos Ulloáns, Antas de UllaIntervención dos membros do IEU Jaime Ouro e Francisco Pardo na entrada do pazo de Vilasión

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, Instituto de Estudos UlloánsIntervención de Xosé Luis Santiso, directivo do IEU, nunha carballeira centenaria de Antas de Ulla

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, FalcatrueirosActuación do grupo de música tradicional Falcatrueiros

Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, Antas de Ulla, xantarAperitivo ulloán ofrecido polas entidades organizadoras en As Canteiras ao remate da andaina

IMG-20231019-WA0000

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn