O IEU na andaina Santiago-Ortoño da celebración do centenario do SEG (12/10/2023)

O 12 de outubro de 2023 directivos/as e socios/as do Instituto de Estudos Ulloáns participaron na andaina de Santiago a Ortoño coa que se celebraron os 100 anos da fundación do Seminario de Estudos Galegos.

A andaina, un dos actos centrais da conmemoración do centenario do SEG, estivo organizada polo Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego, coa colaboración do Concello de Ames, o Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia.

Contou con 150 participantes que partiron da Alameda de Santiago e percorreron 13 quilómetros ata chegar á casa natal de Rosalía de Castro en Ortoño (Ames), emulando ao grupo de estudantes da Universidade de Santiago (Fermín Bouza-Brey, Xosé F. Filgueira Valverde, Xosé Pena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Lois Tobío e Alberto Vidán Freiría) que o 12 de outubro de 1923 fixeron ese mesmo percorrido e concibiron nese lugar a creación do SEG.

Unha vez na casa de Rosalía, levouse a cabo a ofrenda floral ao pé da placa conmemorativa da fundación do SEG, e posteriormente, xa no castro de Ortoño, tivo lugar o acto institucional, acompañado por actuacións musicais tradicionais e presidido polos presidentes e presidentas do Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega e Museo do Pobo Galego, alcalde de Ames, alcaldesa  de Santiago, e representantes da Universidade de Santiago e da Xunta de Galicia, concluíndo cun xantar de confraternización.

Rede do Patrimonio Cultural, andaina centenario SEGCabeceira dos participantes na andaina na Alameda de Santiago de Compostela

De esq. a dereita, Francisco Pardo, Encarna Otero, Marilar Jiménez Aleixandre, Xosé Luis Santiso, Carmen Rodríguez del Toro e Hilda García CabanasFrancisco Pardo, Encarna Otero, Marilar Jiménez Aleixandre, Xosé Luis Santiso, Carmen Rodríguez del Toro e Hilda García Cabanas na Alameda de Santiago

Rede do Patrimonio Cultural, centenario SEG

Francisco Pardo, Soledad Felloza, Manuel Villar e Xosé luis SantisoFrancisco Pardo, director do IEU; Soledad Felloza, actriz, fotógrafa, escritora, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica; Manuel Villar, director do Museo do Pobo Galego; e Xosé Luis Santiso, poeta e directivo do IEU

 

Directivos do IEU, Victor FreixanesMembros do IEU con Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega

Rede do Patrimonio Cultural, andaina centenario SEG 2023Membros da Rede de Patrimonio Cultural diante da placa conmemorativa da fundación do SEG en 1923

Directivos do IEU con Goretti Sanmartín, alcaldesa de SantiagoMembros do IEU con Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela

IMG-20231012-WA0020

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn