O IEU na Feira dos Bicos 2017

O Instituto de Estudos Ulloáns participará un ano máis na Feira dos Bicos que se celebrará os días 29 e 30 de xullo de 2017 en Monterroso, organizada pola asociación “25 xastres” .

O sábado 29 de xullo ás 20 horas, no Salón de actos do Auditorio Municipal de Monterroso, a coordinadora da sección de Historia do IEU María José Gómez Alvite, impartirá a conferencia “A Feira na prensa nos anos 60 “, e o coordinador da sección de economía, Fernando Salgado, ofreceranos unha interpretación económica da cantiga “Se ti viras o que eu vin…” . O acto finalizará coa intervención musical do grupo “Comando curuxás”.

As diferentes actividades programadas para o domingo 30 de xullo na Praza do alcalde Antonio Rojo Losada, iniciaranse ás 11 h. e finalizarán ás 21,30 h.

Feira Bicos 2017

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn