O IEU na Feira dos Bicos de Monterroso
O domingo 28 de xullo de 2019 o Instituto de Estudos Ulloáns participou na Feira dos Bicos de Monterroso coa instalación dun stand onde divulgou as súas actividades culturais e ofreceu ao público as súas publicacións, tanto os tres números da revista Cairón como os libros e catálogos de exposicións publicados nos últimos anos.
O stand, que tivo un gran éxito de asistencia, contou coa presenza dos socios/as María José Gómez Alvite, Hilda García Cabanas, Braulio Vilariño, Jesús Otero Calvo, Xurxo Mouriño e Francisco Pardo.